Saltar ao contido principal

Mar García Señorán

 

Decana Facultade de Ciencias da Educación de Universidade de Vigo


Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicoloxía (1988), Magister en Logopedia (1993) e Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, Psicoloxía (1994) pola USC.

Profesora na Universidade de Vigo desde 1994. Docencia en materias da área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación nas titulacións de Psicopedagoxía, Educación Social, Mestre en Educación Especial, Grao en Educación Primaria, Másteres oficiais e Programas de Doutoramento.

Coordinadora de: Programas de Doutoramento do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo desde 1996 ata 2010; do Grao en Educación Primaria, desde 2009 ata 2014 e do Máster en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos desde 2009.

Secretaria do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación (2000-2003), Vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación (2010-2014), Decana da Facultade de C. C. da Educación desde marzo de 2014 ata a actualidade.

Participou en diversos proxectos de investigación e innovación educativa. Educación para a Saúde foi a súa primeira liña de investigación que deu como froito a súa Memoria de Licenciatura, Tese Doutoral e diversos artigos publicados en revistas tipo A e B de gran difusión a nivel nacional e internacional. A súa investigación actual céntrase nos procesos cognitivos e motivacionais implicados na aprendizaxe escolar. Nesta liña participou en máis de 60 traballos científicos (comunicacións a congresos, capítulos de libros e artigos).



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gisela Vaquero: diseñadora de videoxogos e creadora de WIGES

  Aínda que lle gustaba xogar aos videoxogos, ela quería ser guionista de cinema. Matriculouse na Escola de Arte Superior de Deseño, en Xirona. Mentres estaba a estudar guion, viu a un compañeiro de piso cunha videoconsola e e fixouse en que os novos xogos empezaban a ter un fío argumental, así que decidiu que quería ser guionista de videoxogos.1​ Se graduó en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Xirona, en 2005. Despois estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Barcelona, obtendo o grao en 2008. Tamén se formou en Guion de Videoxogos, facendo en 2011 un máster en Deseño e Programación de Videoxogos, na Universidade Politécnica de Cataluña. Era a única muller entre 30 estudantes. Nese tempo, deuse conta de que non había ningunha organización de videoxogos, pero navegando por Internet viu iniciativas que había en Estados Unidos ou en Londres para promover a presenza feminina, e esas ideas darían o seu froito en 2017, ao crear a asociación Women in Games ENTR...

Elisenda Bou-Balust, fundadora de Vilynx analiza contido visual mediante Intelixencia Artificial

  Elisenda Bou- Balust é especialista en intelixencia artificial e sistemas de aprendizaxe autónoma. Enxeñeira de Telecomunicacións ( UPC ), Electrónica ( ULPGC ) e Doutora ( UPC - MIT ), fundou varias startups no ámbito da intelixencia artificial aplicada, entre elas Vilynx . Colaborou coa NASA e MIT no campo da IA aplicada a satélites, ademais foi galardoada co prestixioso premio Novo Emprendedor (2018) e recentemente co Premio Fundación Princesa Xirona na categoría de Empresa. Actualmente lidera Media Knowledge en Apple . A NASA, o MIT e Apple forman parte da túa impactante traxectoria que pasou por cofundar Vilynx , pioneira startup de Intelixencia Artificial Como foi o camiño ata converterche en referente internacional no ámbito tecnolóxico? Sempre fun unha apaixonada da ciencia e a tecnoloxía, e tiven a sorte de atoparme ao longo da miña carreira a moitísimas persoas que non só lles apaixonaba o mesmo que a min, senón que crían en dar oportunidades, en permitir crec...

Marta Alonso: a investigadora que está a revolucionar a loita contra o cancro infantil en España

  Tras iniciar a súa andaina académica en bioloxía pola Universidade de Navarra, e sen unha clara inclinación inicial cara á investigación, Marta Alonso deixouse cativar polo mundo da oncoloxía durante o seu doutoramento na Universidade Pública de Navarra. A súa paixón pola investigación consolidouse tras un enriquecedor postdoctorado no MD Anderson Cancer Center de Houston , onde descubriu a súa vocación polos tumores cerebrais infantís. Regresou a España, a súa terra natal, grazas a unha bolsa Ramón e Cajal, e desde entón lidera o Laboratorio de Tumores Sólidos Pediátricos do CIMA da Universidade de Navarra. O seu traballo pioneiro no uso de virus oncolíticos para tratar tumores cerebrais pediátricos promete revolucionar o tratamento do cancro infantil. Galardoada con premios como a Bolsa de L ’ Oréal -UNESCO « For Women in Science », a súa carreira é un testemuño do impacto que pode ter a dedicación e a paixón pola ciencia, ofrecendo un exemplo inspirador para futuras xe...