Saltar ao contido principal

María Costa Vázquez

Responsable de contidos editoriais en Ideaspropias Editorial




Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Filoloxía Hispánica


Empresa: Ideaspropias Editorial


Posto: Responsable de contidos editoriais


Sector: Artes e Cultura


Actividade: Editorial


Ámbito Xeográfico: Ourense



María Costa é filóloga hispánica, especialista en Teoría e Interpretación de Textos Teatrais, especialista en Dirección e Xestión de Proxectos E- learning, máster en Edición e máster en Educación e TIC.

Desde hai 15 anos, traballa como responsable de contidos editoriais en Ideaspropias Editorial, onde xestiona proxectos (libros, e- books e e- learning) e encárgase da selección de autores, valoración de propostas de publicación, revisión de orixinais, adaptación de contidos e de todo o proceso de edición e posedición de contidos dirixidos á formación e emprego.

Colaborou con diversas empresas do ámbito editorial e da formación elaborando informes de lectura, recursos didácticos e corrección de textos. Tamén impartiu cursos de formación sobre como publicar contidos e desenvolvemento de textos formativos tanto en congresos nacionais como en proxectos públicos e privados.

En 2015 formou parte do xurado de novela do premio Xerais.




 

Comentarios