Saltar ao contido principal

Amparo Alonso Betanzos

 

Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial

Titulación Universitaria: Licenciada en Química. Doutora en Física
Entidade: Universidade da Coruña
Posto: Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial / Presidenta Asociación Española para a Intelixencia Artificial ( AEPIA)
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Intelixencia Artificial
Ámbito Xeográfico: Galicia

É Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, onde coordina o grupo LIDA (Laboratorio de I+D en intelixencia Artificial). Foi Postdoutoral Fellow no Medical College de Xeorxia, EEUU onde traballou tres anos.

A súa área de investigación é o desenvolvemento e a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial en diversas áreas, así como a Aprendizaxe Computacional e as técnicas de Ciencia de Datos (Big Data), colaborando con outros grupos de investigacións nacionais e estranxeiros. É autora de varios artigos científicos no tema, así de como libros.

Recibiu en 1998 o Premio LÓreal-UNESCO a Women in Science en España. É Senior Member de asociacións profesionais de nivel internacional, como IEEE e ACM. Actualmente, e desde 2012, é Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gisela Vaquero: diseñadora de videoxogos e creadora de WIGES

  Aínda que lle gustaba xogar aos videoxogos, ela quería ser guionista de cinema. Matriculouse na Escola de Arte Superior de Deseño, en Xirona. Mentres estaba a estudar guion, viu a un compañeiro de piso cunha videoconsola e e fixouse en que os novos xogos empezaban a ter un fío argumental, así que decidiu que quería ser guionista de videoxogos.1​ Se graduó en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Xirona, en 2005. Despois estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Barcelona, obtendo o grao en 2008. Tamén se formou en Guion de Videoxogos, facendo en 2011 un máster en Deseño e Programación de Videoxogos, na Universidade Politécnica de Cataluña. Era a única muller entre 30 estudantes. Nese tempo, deuse conta de que non había ningunha organización de videoxogos, pero navegando por Internet viu iniciativas que había en Estados Unidos ou en Londres para promover a presenza feminina, e esas ideas darían o seu froito en 2017, ao crear a asociación Women in Games ENTR...

Elisenda Bou-Balust, fundadora de Vilynx analiza contido visual mediante Intelixencia Artificial

  Elisenda Bou- Balust é especialista en intelixencia artificial e sistemas de aprendizaxe autónoma. Enxeñeira de Telecomunicacións ( UPC ), Electrónica ( ULPGC ) e Doutora ( UPC - MIT ), fundou varias startups no ámbito da intelixencia artificial aplicada, entre elas Vilynx . Colaborou coa NASA e MIT no campo da IA aplicada a satélites, ademais foi galardoada co prestixioso premio Novo Emprendedor (2018) e recentemente co Premio Fundación Princesa Xirona na categoría de Empresa. Actualmente lidera Media Knowledge en Apple . A NASA, o MIT e Apple forman parte da túa impactante traxectoria que pasou por cofundar Vilynx , pioneira startup de Intelixencia Artificial Como foi o camiño ata converterche en referente internacional no ámbito tecnolóxico? Sempre fun unha apaixonada da ciencia e a tecnoloxía, e tiven a sorte de atoparme ao longo da miña carreira a moitísimas persoas que non só lles apaixonaba o mesmo que a min, senón que crían en dar oportunidades, en permitir crec...

Antía Fernández López- Directora de Innovación para mercados estratéxicos en Gradiant

Antía leva máis de 14 anos creando proxectos de I+D+i con tecnoloxías TIC relacionadas co dato. Desde 2022 é directora de innovación para mercados estratéxicos en Gradiant, cuxos obxectivos se centran en aliñar as tecnoloxías do centro: conectividade, intelixencia artificial e ciberseguridade para diferentes sectores como son o da industria 4.0 (automoción, agroalimentario), saúde e sustentabilidade, entre outros. A súa experiencia tras 8 anos como directora técnica en Gradiant enfócase en proxectos e servizos de intelixencia artificial, empregando datos de sensores, negocio ou persoas para axudar aos profesionais do sector para tomar decisións obxectivas. Leva 7 anos traballado para a Comisión Europea como experta externa para a avaliación e revisión do programa H2020 e HORIZONTE EUROPA en materia de intelixencia artificial e ciberseguridade. Acumula 5 anos como formadora de intelixencia artificial en escolas de negocios e universidades. Titulación Universitaria:  Enxeñeira de Tel...