Aínda que lle gustaba xogar aos videoxogos, ela quería ser guionista de cinema. Matriculouse na Escola de Arte Superior de Deseño, en Xirona. Mentres estaba a estudar guion, viu a un compañeiro de piso cunha videoconsola e e fixouse en que os novos xogos empezaban a ter un fío argumental, así que decidiu que quería ser guionista de videoxogos.1 Se graduó en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Xirona, en 2005. Despois estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Barcelona, obtendo o grao en 2008. Tamén se formou en Guion de Videoxogos, facendo en 2011 un máster en Deseño e Programación de Videoxogos, na Universidade Politécnica de Cataluña. Era a única muller entre 30 estudantes. Nese tempo, deuse conta de que non había ningunha organización de videoxogos, pero navegando por Internet viu iniciativas que había en Estados Unidos ou en Londres para promover a presenza feminina, e esas ideas darían o seu froito en 2017, ao crear a asociación Women in Games ENTREVIS
Blogue informativo das rapazas emprendedoras TIC do CEIP Inmaculada de Ourense