Ainoa Gómez é bióloga, profesora de Ciencias en secundaria e bacharelato e divulgadora. Na súa canle de Youtube , “ Empollar xa non está de moda”, explica o temario de Bioloxía a través de minivídeos de forma sinxela e comprensible para axudar aos alumnos e alumnas a asimilar conceptos, á vez que trata de fomentar o seu espírito crítico. Ainoa , estudaches Bioloxía e es profesora de Secundaria, sempre tiveches claro que querías dedicarche á docencia? Non, a verdade é que non cumpro a típica historia de nena que sabe que de maior quere ser profesora. O certo é que, ao entrar a unha carreira de Ciencias como Bioloxía, ao principio tiña a idea de dedicarme á investigación, en parte por ilusión e en parte porque tampouco coñecía moitas máis opcións, se son sincera. A medida que fun avanzando na carreira fun vendo que o mundo da investigación non era para min e, cando acabei e me gradué , aínda necesitei un par de anos para acabar de decidir que quería facer. Tiña claro que non ía em
Blogue informativo das rapazas emprendedoras TIC do CEIP Inmaculada de Ourense